Evento: Gran gala de circo de Pistacatro
Gran gala de circo de Pistacatro
A fórmula do Cabaré colectivo sempre foi unha das especialidades de PistaCatro. O potencial creativo individual dos compoñentes do grupo fai que a suma dos mellores números e sketchs de cada un dos artistas dean un conxunto de luxo. Os Cabarés de PistaCatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué. Ofrécese así ó público un espectáculo multidisciplinar e variado a cargo dun determinado número de artistas que dan o mellor de si mesmos en pequenas pezas de cinco ou dez minutos. Todo isto conducido por un mestre de cerimonias, que se encargará de fomentar a participación do público, de aportar o ton cómico e de administrar as pequenas doses de arte concentrado. Este formato permite unha grande adaptabilidade en canto á duración e ós contidos do espectáculo, segundo o negociado co contratante. VIDEO PROMOCIONAL: http://www.youtube.com/watch?v=nDwpVrJVRxk
Máis eventos de tipo Espectáculo