Evento: Concerto con Fusión

Concerto con Fusión
sábado, 19 setembro, 2020 - 17:00
Lobeira
, Lobeira

Concerto con Fusión

Espectáculo musical infantil da compañía Píscore

Despois de cen funcións co seu primeiro espectáculo Concerto Singular (e Plural) - Premio do Público Festiclown 2018, Espectáculo mellor valorado en Domingos do Principal 2018 –, Culturactiva Producións e Píscore presentan a súa segunda montaxe, Concerto Con Fusión.

Mantendo a anterior e exitosa líña de traballo marcada pola compañía, nesta produción (con)fusionamos música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público. Cunha marimba como eixo principal do espectáculo, Concerto con Fusión incorpora diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos: música latina, rock & roll, reggae, pop ou música disco.

Catro músicos, descoñecidos, de estilos moi diferentes, chegan ao palco cos seu instrumentos. O descubrimento dunha marimba e de todas as súas posibilidades fai que, o que podería ser un desastre, se converta nun divertido exercicio de virtuosismo, cooperación e fusión musical. Entre partituras, atrís e baquetas, os catro protagonistas van descubrindo, pouco a pouco, tema a tema, que teñen un pasado en común e unha incrible querenza por facer músicas (con)fusionando estilos.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Running
27 de novembro, 21:00
Auditorio municipal