Evento: Filipa cos contos

Filipa cos contos
domingo, 2 agosto, 2020 - 21:30
Campo da Feira
, Entrimo

Filipa cos contos

Espectáculo infantil a cargo da compañía Bandullo Azul e Fran Campos

Unha sesión "filipante" de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e o humor repártense entre os dous contadores que soben á escena: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, qune lle dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional: a súa experiencia.

Haberá tamén historias cantadas. Historias e xogos de palabras feitas cancións. Historias non só do noso entorno máis próximo, senón tamén doutras terras.

Contos "filipantes", contos cantados e acompañados dunha guitarra. Fran Campos e Filipa, os dous, e cadaquén ao seu xeito, farán posible unha sesión para todos os públicos. Tanto cativ@s como maiores poderán gozar, aprender, reflexionar…

Desde as súas distintas visións dos contos populares.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Puño Puñete
11 de agosto, 20:30
Alameda
A maxia do Mago Deimi
12 de agosto, 20:00
Anfiteatro da Praia fluvial de San Clodio
Gran gala de circo de Pistacatro
12 de agosto, 20:00
Alameda de Vilaza
As parábolas de Pakolas
13 de agosto, 13:00
Praza do concello