Evento: Tony Torres & Octavio García

Tony Torres & Octavio García
venres, 3 xullo, 2020 - 23:45
Sala La Room,
Ferrol

Tony Torres & Octavio García

Concerto de música dos anos 70 e 80.

O dúo ferrolán tocará versións de clásicos do rock, da historia da música e moita música española dos 70, 80 e de sempre. 

A sala A Room de Ferrol volverá abrir as súas portas esta fin de semana e, como sempre, farao cun completo programa de actividades. O regreso da sala estará marcado pola reivindicación da «cultura de bar» e a música en directo, sinala Maximino López, o responsable do local.

Co obxectivo de cumprir todas as normas sanitarias e co aforo permitido, que está marcado en dous terzos, a sala celebrará o venres dúas sesións diferenciadas. Así, a primeira correspóndese coa III Mostra MicroRoom, de microteatro, e a segunda será unha sesión de música en directo co dúo ferrolán Tony Torres & Octavio García.

Entre ambas as actuacións pecharase o local para proceder á súa limpeza, como marca a normativa. «Nesta difícil situación, agradecemos de antemán ao noso público a súa axuda, comprensión, colaboración e paciencia», indica López nun comunicado de prensa.

Máis eventos de tipo Concerto

Cores Contos e Rock´n´Roll coa Ramona Pequena
19 de abril
Casa da Cultura Pintor Lloréns
Iseo & Dodosound
19 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Suma¹¹ VVV [Trippin' you]
19 de abril
Rúa de San Lourenzo, 51-53