Evento: Atardecer no Gaiás 2020: Quinteto Nós

Atardecer no Gaiás 2020: Quinteto Nós
xoves, 13 agosto, 2020 - 21:00
Cidade da Cultura
, Santiago de Compostela

Atardecer no Gaiás 2020: Quinteto Nós

Concerto de flamenco

Formación liderada por Marcos Teira, virtuoso guitarrista galego namorado do flamenco, estilo co que tingue todos os paus e co que ten actuado por case todos os recunchos do planeta.

Premio Martín Códax ao mellor proxecto por Músicas del mundo, no Gaiás ofrecerá un selecto repertorio de adaptacións a este xénero de temas de jazz e de rock. Trátase dun traballo colectivo no que participan Moisés Fernández, ao caixón; Alfonso Calvo, ao contrabaixo; Ton Risco, ao vibráfono; e Isaías Salazar, no baile.

Velaquí unha nova edición de Atardecer no Gaiás! Urxíanos pórlle música aos solpores do verán, aínda que esteamos nun estío diferente. Por iso, o ciclo de concertos de balde ao aire libre da Cidade da Cultura adáptase nesta ocasión ao que 'a nova normalidade' nos esixe; formatos máis pequenos reducindo a capacidade de asistencia para gozar desta experiencia coa seguridade de que se están a cumprir as medidas sanitarias de protección e de distancia social.

Máis eventos de tipo Concerto

Abono Festival Elas Son Artistas
3 de xullo a 11 de decembro
Varios Recintos
Tanxugueiras
11 de agosto
Náutico
Vatapá Quinteto en concerto
11 de agosto
Praza da Constitución
Áureas
11 de agosto
Var con Uve