Evento: Contos de pasiños alegres

Contos de pasiños alegres
mércores, 8 xullo, 2020 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
, Santiago de Compostela

Contos de pasiños alegres

Sesión de contacontos con Sole Felloza

O mundo ten moitos camiños, percorrelos é descubrir mil historias. De culleres para comer estrelas, de segredos que garda un oso moi vello, de ziezozaurus xigantes, de submarinos, de bruxas despistadas, de elefantes con moita calor, de nenas viaxeiras, de coellos malvados...
Só hai que poñerse os zapatos máxicos, anímaste?

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.

No salón de actos. Entrada libre ata ocupar a capacidade da sala. É preciso recoller unha invitación no mostrador de información 30 minutos antes do comezo da actividade.

 

En aplicación das normas de funcionamento das bibliotecas de xestión autonómica a partir do 22 de xuño de 2020 ata o levantamento da emerxencia sanitaria en Galicia, a capacidade do salón de actos é máis reducida do habitual xa que debemos garantir a distancia de seguridade.

A sala está dividida en 14 grupos de cadeiras e cada un deles pode ser ocupado por ata catro persoas convivintes.

Todas as persoas maiores de 6 anos deben levar máscara. As nenas e nenos menores de 6 anos non teñen a obriga de usala, pero deben estar sempre baixo a vixilancia dunha persoa adulta que se responsabilice do cumprimento das normas de hixiene.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Mar, Orixe da vida
4 de agosto
Museo do Mar
Recicla connosco
5 de agosto
Museo do Mar
Festival TerraCeo: JJ Vaquero
5 de agosto
Terraza Auditorio Mar de Vigo
Descubrindo o acuario
6 de agosto
Museo do Mar