Evento: Gallaecia Big Band coa BMMC

Gallaecia Big Band coa BMMC
xoves, 22 outubro, 2020 - 20:00
Teatro Colón,
A Coruña

Gallaecia Big Band coa BMMC

Concerto da banda galega.

Gallaecia Big Band, a Big Band de Galicia formada por 15 artistas, caracterízase pola súa potencia visual e sonora e leva varios anos amenizando eventos de gran nivel como a Gala do Cancro, conferencias, entrega de premios e varias intervencións en numerosos programas da TVG. O repertorio para este concerto de colaboración está formado por cancións de sempre no que se tocarán varios estilos musicais como mambos, boleros, chachachás ou swing, como no caso de New York, New York ou clásicos galegos como Negra sombra. Todos os arranxos para a banda foron realizados polo director de Gallaecia Big Band, Cristian Leggiero, e seranlle facilitados á banda para a realización do concerto.

Para esta ocasión, Gallaecia Big Band ofrece a 8 artistas, os seus solistas e 2 cantantes:

José Luis Miranda, trombón solista

Hansel Luís Díez, trompeta solista

Pablo Castaño, saxo solista

Carlos Bastón, batería

Pachi Cruz, contrabaixo

Cristian Leggiero, dirección, arranxos e piano

Paty Lesta, cantante

Toño Otero, cantante e saxo

Máis eventos de tipo Concerto

Cores Contos e Rock´n´Roll coa Ramona Pequena
19 de abril
Casa da Cultura Pintor Lloréns
Iseo & Dodosound
19 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Suma¹¹ VVV [Trippin' you]
19 de abril
Rúa de San Lourenzo, 51-53
Candlelight: Tributo a Coldplay
20 de abril
Campillo de San Francisco, 3