Evento: Pementa na casa: Pablo Picasso
Pementa na casa: Pablo Picasso
Alo!! Nestes días decidimos que Pementa na casa non ten porque estar só na cociña, así que aquí iremos subindo propostas que poidades levar a cabo no fogar sen moito problema (ou con todo o que vos queirades liar!). Pementiños, maiores e familas, venbidos a esta pequena viaxe.
Pablo Picasso (1881-1973) foi un artista malagueño coñecido por ser un dos máximos expoñentes do CUBISMO, que é unha das primeiras vangardas artísticas que racha coa perspectiva tradicional, coa nosa forma habitual de ver as cousas. Trata as figuras da natureza como figuras xeométricas, fragmentando liñas e superficies, e conseguindo así unha “perspectiva múltiple”, como se puidésemos ver un mesmo obxecto desde diferentes puntos de vista. Non existe un punto de vista único. A obra cobra autonomía con independencia do que representa. Ás veces ata deixamos de recoñecer o que está representando!
Máis eventos de tipo Outras actividades