Evento: Só

domingo, 2 agosto, 2020 - 20:30
Terraza do Auditorio Municipal
, Ourense

Organizado pola compañía Xampatito Pato.

Jesús Velasco fórmase en Circonove e na escola de Circo Carampa. Crea a cía Pass & Company e traballa en outras de ámbito nacional e internacional. En Galicia, funda Xanpatito Pato e crea o espectáculo “SÓ.”, un traballo minucioso co que recibíu numerosos e destacados premios.

SINOPSE

Un personaxe obsesivo, cuadriculado e meticuloso. 

Único na súa especie, rodeado dun sen fin de caixas que escapan ó seu control, xoga para dar forma ó seu mundo.

Do caos xurde un universo delirante onde inventa a risa, crea unha tolemia cómica e transfórmase nun novo ser cunha nova figura.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Out of Blú
13 de agosto
Parque de Torrado
Marina
14 de agosto
Terraza do Auditorio Municipal