Evento: Esfuerza Verano 2020
Esfuerza Verano 2020
ESFUERZA é un programa de actividade física adaptada que levan a cabo a Fundación Maria José Jove e a Fundación "La Caixa". De carácter inclusivo, diríxese a persoas con diversidade funcional que, con independencia das súas particularidades, desexan mellorar a súa calidade de vida a través de actividades deportivas saudables. ESFUERZA Verán 2020 oferta catro actividades no medio natural: Piragüismo inclusivo, Axuda na praia, Sendeirismo inclusivo e, como novidade, Vela inclusiva. Ademais, desenvolverase en grupos reducidos e foi deseñado respectando as medidas oportunas de control e prevención da transmisión da COVID-19.
Vela inclusiva: desde o 29 de xuño ao 18 de setembro ofrécense 6 quendas, con dous grupos de actividade en cada quenda. A duración de cada quenda é de dúas semanas, de luns a venres con horarios entre as 10.30 h e as 12.15 h ou entre as 12.45 h e as 14.30 h.
Piragüismo inclusivo: desde o 29 de xuño ao 18 de setembro, en 6 quendas, desenvolverase tamén de luns a venres. Hai grupos formados por persoas con e sen diversidade funcional, con horarios de 10.00 a 11.15 h e de 11.45 a 13.00 h.
Axuda na praia: lévase a cabo como novidade en 3 quendas, durante os meses de xuño e xullo (1.ª quenda), agosto (2.ª quenda) e setembro (3.ª quenda). Está orientada fundamentalmente para persoas cun grao de mobilidade máis reducida para que, con axuda de persoal técnico, poidan gozar da praia e do mar con normalidade.
Sendeirismo inclusivo: Ruta 1: 19 de xullo (9.30 a 14.00 h) e Ruta 2: 23 de agosto (9.30 a 18.00 h). Actividade inclusiva para persoas con e sen diversidade. funcional.
Máis eventos de tipo Outras actividades