Evento: Campamento virtual de verán con Afundación
Campamento virtual de verán con Afundación
En Afundación axúdanche a que o verán sexa divertido co seu Campamento de Verán Virtual. Música, teatro, cociña, Internet, artes plásticas... para seguir "conectad@s" en todos os sentidos.
Obradoiros de teatro para nen@s con Teatro Ghazafelhos
Nestes talleres Pepablo Patiño e Montse Piñón, ou dito doutro xeito Teatro Ghazafelhos, desenvolverán pílulas en formato de obradoiro teatral online nas que propoñerán xogos e actividades vinculadas coa acción teatral dirixidos a nenas e nenos, a partir de 3 anos, e persoas adultas acompañantes.
Datas: 23 e 30 de xuño 7 e 14 de xullo.
Idades recomendadas: a partir de 3 anos.
Inscrición de balde.
Talleres musicais con Mamá Cabra
Gloria Mosquera e Tomi López, creadoras do grupo musical Mamá Cabra, propoñen para «Afundación en casa» o obradoiro musical «Contos musicados» dirixidos a familias con nenas e nenos a partir de un ano. Durante a actividade propoñerán xogos con elementos que temos na casa e cos que crear melodías, aprender e interpretar cancións sinxelas, contar e cantar contos introducindo a música na narración.
Datas: 26 de xuño 2, 9 e 16 de xullo
Idades recomendadas: entre 1 e 7 anos.
Inscrición de balde.
Unha banda na casa con Estudo Bonobo
Utilizando ferramentas e recursos en liña gratuítos e a través de diferentes fases, @s participantes poderán comprobar todo o que coñecen sobre música, a capacidade que todos temos de crear, como o traballo colaborativo potencia esas capacidades e as facilidades que nos brindan as novas tecnoloxías para xerar contido de forma sinxela e imaxinativa.
Datas: 22, 25 e 29 de xuño, 1 e 3 de xullo
Idades recomendadas: entre 10 e 16 anos.
Inscrición de balde.
Obradoiros de ciberseguridade
A través dunha dinámica práctica e divertida, un hacker dos de verdade falaranos de: Os perigos das redes sociais. Analizará en concreto Instagram, Twitter e Facebook; como xeoposicionan as nosas publicacións, o que lles permite levar un seguimento de todo o que facemos. Google sábeo todo de ti. Utilizarase o buscador para investigar unha figura pública e comprobar realmente todo o que se pode asexar dunha persoa, entendendo así o coidado que cómpre ter coas páxinas web. Explicarase @s nen@s o concepto de fake news e por que non debemos crer todo o que se publica na Internet. Explicarase como con visitar unha páxina web maliciosa poden capturar todos os datos, etc.
Datas: 6, 8, 13 e 15 de xullo
Idades recomendadas: entre 14 e 20 anos
Inscrición de balde.
Máis eventos de tipo Outras actividades