Evento: Escoliña de Merlíns e Morganas: Quenda 4
Escoliña de Merlíns e Morganas: Quenda 4
Quero ser mago! Se desde ben pequerrechiño ou pequerrechiña esta é a resposta da vosa cativada á recorrente pregunta de que lle gustaría ser de maior, tedes que inscribilo/a na nosa Escoliña de Merlíns e Morganas!!
Trátase dun campamento semanal de maxia dirixido e impartido por un dos ilusionistas galegos máis internacionais: Pedro Volta, quen lles ensinará aos vosos nenos e nenas un completo e variado repertorio de trucos de maxia, en formación en liña (luns, martes e mércores), que rematará o sábado cun encontro presencial na Cidade da Cultura para poñer en común todos xuntos o aprendido durante os tres días.
QUE SE VAI ENSINAR?
Maxia con cartas, con moedas, con cordas, tamén ilusións ópticas, matemagia, maxia científica, globoflexia, sombras chinesas e retos divertidos para facer en casa en familia.
Ao inscribirse, os vosos rapaces e rapazas recibirán por correo electrónico unhas fichas didácticas sobre maxia e tamén se lles enviará á casa material para traballar nas clases de Pedro Volta, entre o que se atopa un libro escrito polo propio mago, O pazo máxico , e unha camiseta do campamento.
Máis eventos de tipo Espectáculo