Evento: Escoliña de Merlíns e Morganas: Quenda 3

Escoliña de Merlíns e Morganas: Quenda 3
mércores, 8 xullo, 2020 - 11:00
Evento Online
, Santiago de Compostela

Escoliña de Merlíns e Morganas: Quenda 3

Campamento virtual de maxia con Pedro Volta

Quero ser mago! Se desde ben pequerrechiño ou pequerrechiña esta é a resposta da vosa cativada á recorrente pregunta de que lle gustaría ser de maior, tedes que inscribilo/a na nosa Escoliña de Merlíns e Morganas!!

Trátase dun campamento semanal de maxia dirixido e impartido por un dos ilusionistas galegos máis internacionais: Pedro Volta, quen lles ensinará aos vosos nenos e nenas un completo e variado repertorio de trucos de maxia,  en formación en liña  (luns, martes e mércores), que rematará o sábado cun encontro presencial na Cidade da Cultura para poñer en común todos xuntos o aprendido durante os tres días.
 

QUE SE VAI ENSINAR?

Maxia con cartas, con moedas, con cordas, tamén ilusións ópticas, matemagia, maxia científica, globoflexia, sombras chinesas e retos divertidos para facer en casa en familia.

Ao inscribirse, os vosos rapaces e rapazas recibirán por correo electrónico unhas fichas didácticas sobre maxia  e tamén se lles enviará á casa material para traballar nas clases de Pedro Volta, entre o que se atopa un libro escrito polo propio mago, O pazo máxico , e unha camiseta do campamento.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Xarope Tulú: O Cardume
15 de agosto
Alameda
Cirqueiras
15 de agosto
Praza da II República
Cirqueiras
15 de agosto
Praza da II República