Evento: Peza do mes: Amarradoiro. Castro de Troña

  • Detalle da peza protagonista da Peza do Mes de xuño do Museo Arqueolóxico de Ourense
  • Portada da publicación da Peza do Mes de xuño do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Amarradoiro. Castro de Troña
luns, 1 xuño, 2020 a martes, 30 xuño, 2020
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
, Ourense

Peza do mes: Amarradoiro. Castro de Troña

Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

A peza que se presenta este mes é un amarradoiro, unha das creacións máis singulares dentro das pezas que se veñen coñecendo como elementos arquitectónicos dentro da plástica castrexa.

Son pezas realizadas en granito en forma de brazo cerrado en ángulo obtuso, cunha das súas partes destinada a axustar nun muro, e a outra, a mellor traballada, a sobresaír da parede.

Este amarradoiro apareceu nas escavacións do castro de Troña cara ao ano 1929. Ten un brazo transversal e outro ascendente, que non arranca directamente do cóbado. Está decorado polos laterais e pola fronte ascendente. As súas características técnicas son:

Material: granito labrado

Cronoloxía: Século I a. C. – I d. C.

Dimensións: 15 x 19 x 7 cms.

Procedencia: Castro de Troña (Pías, Ponteareas, Pontevedra)

Nº de Inv.: CE000146

 

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos –neste caso, dos arqueolóxicos- para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

Habitualmente faise unha presentación pública na que unha persoa especialista ou investigadora da a coñecer a historia particular, o contexto histórico e as características formais e de estilo da peza escollida. Por mor las circunstancias excepcionais que estamos a vivir, e aínda que a sala de exposicións Escolma de Escultura xa está aberta ao público, seguindo as indicacións das autoridades sanitarias en relación co Covid-19, non se fará presentación pública. Non obstante, a publicación virtual sobre esta peza está dispoñible en PDF neste enlace do Museo Arqueolóxico de Ourense, onde se pode afondar sobre o contexto histórico e as relacións arqueolóxicas desta peza, a cargo, neste caso, de Ana María Veiga Romero.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

X Encontro de Artistas Novos: #EAN10
23 de agosto a 27 de agosto
Evento online
I Congreso Internacional Teatro Galego
7 de outubro a 10 de outubro
Evento online
Irmandiñas
11 de xullo
Salón de Plenos do Concello
Cómplices. A violencia machista institucional
11 de xullo
Salón de Plenos do Concello