Evento: Igor Paskual
Igor Paskual
É hora de devolver á música todo o que nos deu durante o confinamento e volver de novo, sempre respectando as medidas indicadas polas autoridades, ás salas para escoitar o vibrante directo desa música.
Que mellor para comezar que o rock pasional, irreverente e elegante do gran Igor Paskual, guitarrista e compositor de Loquillo. Igor Paskual estará o día 10 de xullo na sala Mardi Gras da Coruña e o día 11 de xullo na sala A Room de Ferrol para presentar o seu impresionante novo disco «A paixón segundo Igor Paskual». E é que se algo non lle falta a Igor é a paixón que pon en todo o que fai e sobre todos nos seus inesquecibles concertos nos que se entrega ao público ao 200%.
Tras a publicación dos discos en solitario «Equilibrio inestable» e «Terra firme», á marxe de ser a man dereita de Loquillo, agora publica a súa obra máis completa, irreverente, romántica e con referencias relixiosas.
Acompañado do seu guitarrista Anxo Miguel, Igor di que ?Quero facer esta xira porque necesito retomar a comunicación do rock no seu nivel máis puro e básico. En tempos de grandes eventos, é hora de mirar aos ollos á xente. En tempos de redes sociais quero coñecer a quen vén as concertos, falar con todo o mundo que se queira achegar, e agradecerlles persoalmente e non dar as grazas no ciberespazo, quero reivindicar a periferia, os locais que apoian as escenas propias. Moitas veces tense a impresión de que un concerto acústico é aburrido ou tranquilo. E non é así, pódese conseguir unha gran potencia e forza sen instrumentos eléctricos. O único importante é A Paixón.?
Máis eventos de tipo Concerto