Evento: Benestar e ioga en casa con Sandra Roco: Sesión 13

Benestar e ioga en casa con Sandra Roco: Sesión 13
venres, 1 maio, 2020 a martes, 30 xuño, 2020
Evento online
, Santiago de Compostela

Benestar e ioga en casa con Sandra Roco: Sesión 13

Actividade online dentro do programa Afundación en casa

O Programa "Benestar e Ioga" componse de 2 sesións semanais de adestramento en liña en directo (luns e xoves ás 11.00h.) nos que non só traballaremos co noso corpo (a través das posturas físicas de ioga) senón que coa práctica, poderemos chegar a alcanzar un estado de benestar e satisfacción.

Todos os luns, presentarase un modelo de clase, cun plan de adestramento para que o alumno poida repetir na súa casa, ata a seguinte cita. As semanas están deseñadas para que poidas ir avanzando na túa práctica, con contidos distintos e complementarios. Este Programa xorde para manter viva a idea de " vida activa e saudable" que Afundación, a través das súas Espazos 60 promove durante todo o ano, e así seguir acompañando no día a día a todas as persoas que queiran sumarse ao programa pero en especial a toda a comunidade creada nos Espazos 60.