Evento: Museo Etnolóxico de Ribadavia

Museo Etnolóxico de Ribadavia
mércores, 1 abril, 2020 a sábado, 30 maio, 2020
Evento online,
Ribadavia

Museo Etnolóxico de Ribadavia

Visita virtual

Está situado en pleno centro histórico de Ribadavia, nun palacete coñecido como Pazo de Baamonde ou Casa da Fundación. 

Na actualidade, este museo atópase en proceso de remodelación, estando aberto ao público con exposicións temporais centradas no mundo téxtil e a vestimenta, a imaxe e a fotografía manexadas desde unha perspectiva fotoetnográfica, a música popular e outras cuestións ligadas á cultura rural da provincia de Ourense. 

As coleccións reúnen materiais de interese etnográfico das distintas comarcas ourensáns, cun fondo específico da cultura vitivinícola, que formará no futuro unha sección etnográfica diferenciada con edificio propio.

A tipoloxía de fondos custodiados polo museo é ampla e variada, preferentemente obxectos procedentes sobre todo do contexto rural e tamén do urbano anteriores á introdución dos medios de produción industrial. Tamén forman parte importante dos fondos os  arquivos orais e audiovisuais e un notable fondo documental, cunha inxente cantidade de imaxes fotográficas relativas no seu maior parte á vida e historia da comarca do Ribeiro.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visita guiada ao museo e visita á salgadura de Mourisca
Visita guiada ao Museo e á Salgadura de Mourisca
6 de xullo a 27 de xullo
Museo Massó