Evento: Razkin en concerto
Razkin en concerto
RAZKIN, é o proxecto en solitario de Pedro Fernández Razkin (Cantante da Fuga) músico navarro de ampla traxectoria que colaborou en diferentes bandas de rock navarras e con varios traballos discográficos ás súas costas. Desde o 2009 forma parte do grupo A FUGA como cantante e co que materializou 3 discos de estudo e dous en directo.
Durante a súa carreira, ademais de viaxar por España con máis de 500 concertos ás súas costas, pasou por países como Arxentina, Chile, Colombia, Ecuador, México, Irlanda ou Reino Unido.
A súa inquietude tamén lle fai debutar en novembro do 2019 como escritor do libro "Pedradas" publicado por Desacorde Edicións e facer un disco en solitario chamado RAZKIN, segundo apelido e homenaxe á súa nai.
O disco consta de dez cancións no que move sen complexos polo mundo do pop e o rock.
Máis eventos de tipo Concerto