Evento: Oh! Ayatollah en concerto

Oh! Ayatollah en concerto
sábado, 5 decembro, 2020 - 20:00
La Fábrica de Chocolate,
Vigo

Oh! Ayatollah en concerto

Concerto de pop-indie

Fuxindo de clasificacións parcelarias, Oh! Ayatollah reclaman a ampla etiqueta “pop” como propia, intentando con isto apelar á sinxeleza, así como afastarse dunha diferenciación demasiado específica que consiga desvirtuar a súa mensaxe e a súa música.

O “pop” entendido deste xeito, vólvese unha forma de facer e de vivir a música, que pon en primeiro lugar as cancións e as emocións que transmiten.

A principal intención desta proposta radica en conseguir movilizar a quen sexa que estea escoitando: como banda sonora da festa dun xoves noite, como medicina cando tés o corazón desfeito, cando sintes asco polos teus amigos ou como himno xeracional cando parece que se achega a fin do mundo, as cancións de Oh! Ayatollah queren ser vividas, bailadas, choradas e cantadas a pleno pulmón.

Porque pase o que pase, o mellor é que nos pille cantando xuntos.

Máis eventos de tipo Concerto

Candlelight: Tributo a Coldplay
20 de abril
Campillo de San Francisco, 3
Boyanka Kostova
20 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Freedonia
20 de abril
Rúa do Preguntoiro, 35