Evento: Actitud Top con Leandro Fernández Macho
Actitud Top con Leandro Fernández Macho
Conferencia online e en directo de Leandro Fernández Macho, un dos pioneiros en introducir a intelixencia emocional e varias das súas ferramentas, no ámbito directivo e profesional do noso país.
O programa Actitud Top deseñouse para ensinar ás persoas como reducir e xestionar positivamente os seus niveles de estrés nun contexto tan desafiante como o que nos tocou vivir estes días. Aumentar o nivel de recursos, ferramentas prácticas e motivación realista para superar esta crisis resulta máis imprescindible que nunca. O obxectivo é o de minimizar danos e maximizar posibilidades de saír, dalgún modo, fortalecidos.
Enmárcase dentro de #AfundacionEnCasa, unha iniciativa de Afundación, con emisións en directo, novidades diarias, actualizacións permanentes e un fondo vivo integrado por máis de 300 recursos educativos, sociais, culturais, de acompañamento telemático e de voluntariado.
O obxectivo é o de seguir aprendendo e compartindo tempo cos teus sen saír da casa durante as medidas decretadas a causa do Covid-19.
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso