Evento: Familia Caamagno en concerto
Familia Caamagno en concerto
FAMILIA CAAMAGNO ESTÁN DE VOLTA!
Os cinco infraseres de Sigüeiro volven máis bailongos e enerxéticos ca nunca co seu novo traballo discográfico: “HABÍA QUE INTENTALO”.
Neste novo LP os Caamagno despregan un compendio de melodías pop, ritmos frenéticos e retrousos coreables co único afán de facer bailar á mocidade máis dinámica do ESTADO.
Temos ante nós un novo álbum, formado por oito cancións e un bonus track, no que poderanse atopar auténticos himnos contemporáneos do POP ENERXÉTICO.
Xa, afastados do purismo máis cheirento, os Caamagno sorpréndennos con dous cortes: Guapos de primeira, inspirado nos ritmos de ultramar e Canción Moderna de Oriente probablemente o título máis descritivo da historia.
Este flamante novo álbum da Familia Caamagno está orgullosamente editado pola cántabra e ovetense disqueira Folc Records e o estupendo deseño corre a cargo de Leo Sousa.
Familia Caamagno, a banda galega que máis motoserras acendeu, a que máis gasta en roupa, a que tivo o ácido úrico perigosamente alto aos dez anos...VOLVE! porque... HABIA QUE INTENTALO
Máis eventos de tipo Concerto