Evento: Familia Caamagno en concerto

Cancelado
Familia Caamagno en concerto
venres, 4 setembro, 2020 - 20:00
Naútico
, O Grove

Familia Caamagno en concerto

Presentación do seu novo disco "Había que intentalo"

FAMILIA CAAMAGNO ESTÁN DE VOLTA!

Os cinco infraseres de Sigüeiro volven máis bailongos e enerxéticos ca nunca co seu novo traballo discográfico: “HABÍA QUE INTENTALO”.

Neste novo LP os Caamagno despregan un compendio de melodías pop, ritmos frenéticos e retrousos coreables co único afán de facer bailar á mocidade máis dinámica do ESTADO.

Temos ante nós un novo álbum, formado por oito cancións e un bonus track, no que poderanse atopar auténticos himnos contemporáneos do POP ENERXÉTICO.

Xa, afastados do purismo máis cheirento, os Caamagno sorpréndennos con dous cortes: Guapos de primeira, inspirado nos ritmos de ultramar e Canción Moderna de Oriente probablemente o título máis descritivo da historia.

Este flamante novo álbum da Familia Caamagno está orgullosamente editado pola cántabra e ovetense disqueira Folc Records e o estupendo deseño corre a cargo de Leo Sousa.

Familia Caamagno, a banda galega que máis motoserras acendeu, a que máis gasta en roupa, a que tivo o ácido úrico perigosamente alto aos dez anos...VOLVE! porque... HABIA QUE INTENTALO

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Tor en concerto
19 de setembro, 21:30
Café cultural Auriense
The Swinging Flamingos
19 de setembro, 22:00
SalaSon
Astrogirl en concierto
19 de setembro, 22:00
Arca da Noe
Bakin Blues Band
19 de setembro, 22:30
Sala A Garufa