Evento: Concerto de César Morán Trío

Concerto de César Morán Trío
sábado, 3 outubro, 2020 - 22:00
A Arca de Noe,
Vilar de Santos

Concerto de César Morán Trío

César Morán Trío é unha formación musical hoxe constituída por César Morán (voz, guitarra e piano), Pablo Morán (guitarras, ukelele e baixo) e Humberto Morán (viola braguesa, guitarra acústica e percusións).

O grupo fórmase co obxectivo de levar ao directo os discos Haberá Primavera (2011) e Río de son e vento (1998), e especialmente os novos temas ainda inéditos que conformarán os próximos traballos discográficos.

A música de César Morán Trío supera a liña do cantautor máis tradicional, e debe moito á música europea e americana do século XX: o jazz, a música “clásica”, os cantautores cataláns e franceses ou as cadencias galegas e luso-brasileiras.

Máis eventos de tipo Concerto

Cores Contos e Rock´n´Roll coa Ramona Pequena
19 de abril
Casa da Cultura Pintor Lloréns
Iseo & Dodosound
19 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Suma¹¹ VVV [Trippin' you]
19 de abril
Rúa de San Lourenzo, 51-53
Candlelight: Tributo a Coldplay
20 de abril
Campillo de San Francisco, 3