Evento: Unha noite na praia

Unha noite na praia
sábado, 30 maio, 2020 - 20:30
Auditorio Municipal de Cangas
, Cangas

Unha noite na praia

Cambio de data

Unha noite na praia é unha comedia de dous personaxes. Dous tipos moi distintos que coinciden á tardiña nunha praia fronte o mar. Klaus e Manuel, un sueco e un galego, que se parecen o mesmo que o restaurante do Ikea a un Furancho da aldea.

Na praia non queda ninguén; só Manuel, que traballa no chiringuito, e Klaus, un turista que non quere levantar o cu da última hamaca que queda por recoller. Así arrinca o conflito destes dous tipos: un quere marchar para a casa para durmir, e o outro quere que lle poñan a última cervexa e un ombreiro para chorar as súas penas polo seu corazón roto.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Out of Blú
13 de agosto
Parque de Torrado
Marina
14 de agosto
Terraza do Auditorio Municipal