Evento: A Alma

A Alma
venres, 30 outubro, 2020 - 23:30
Club Clavicémbalo
, Lugo
Concerto do grupo Ataque Escampe

Este sétimo traballo en estudo da banda supón a estrea da súa nova formación, co retorno do cantante Alex Charlón e as incorporacións de Julio Vilariño e Cibrán Tenreiro

A produción do álbum, cun son atmosférico que homenaxea dende o pop xéneros como o soul minimalista, o krautrock ou o rock de estadio, correu a cargo de Hevi (Malandrómeda, Fluzo)

Ataque Escampe vén de publicar nas principais plataformas de streaming o EP A alma, que contará tamén cunha edición limitada en vinilo de dez polgadas dispoñible nas próximas semanas. Con este traballo, gravado entre maio e outubro de 2019 no Laboratorio Soyuz e producido por Hevi (Malandrómeda, Fluzo), a banda parte do pop para achegarse a xéneros como o krautrock, o ambient, o R&B ou mesmo o rock de estadio. Faino ás veces dende o lírico (con Clarence Clemons, saxofonista da E Street Band, asomando na letra de “O que pode un corpo”) e ás veces dende o musical (coas caixas de ritmos e programacións de “Espada Excalibur” levando ao grupo cara un soul minimalista ou a aproximación ao progresivo de “As Cruces”, a canción máis longa na historia do grupo).

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Cachas &cousins en concerto
4 de xullo, 22:30
A Pousada da Galiza Imaxinaria
AAF60 en concerto
4 de xullo, 23:45
Pub Gatos
Lesuit e banda
5 de xullo, 20:00
Naútico
Tor en concerto
5 de xullo, 22:00
Arca da Noe