Evento: Astrogirl en concierto

Cancelado
Astrogirl en concierto
xoves, 3 setembro, 2020 - 21:30
Borriquita de Belém
, Santiago de Compostela

Astrogirl en concierto

Concerto de pop-rock

Astrogirl é María Jesús Cabana, artista coruñesa que comezou a súa aventura musical en 2014.

Desde moi temperá idade soubo que o que quería era facer cancións e subir aos escenarios. Con esta idea en mente aos 7 anos empezou a prepararse tomando clases de música e diferentes instrumentos, pero as aulas dos conservatorios non podían ofrecerlle o que buscaba e as súas aspiracións víronse frustradas.

Diferentes circunstancias da súa contorna, como a falta clara de referentes femininos no mundo do pop-rock e a ausencia doutras mozas e adolescentes que compartisen as súas inquietudes, unido isto á súa timidez, levárona a crer que ese mundo non era para ela, que alí non estaba o seu sitio.

Cos anos, sendo xa adulta, tras moitísimo tempo mantendo en segredo as súas aspiracións, comprendeu que o mundo musical que levaba dentro necesitaba materializarse e que non había máis opción que abrirlle paso se non quería vivir por sempre con ese baleiro.

Comezou por volver coller a súa guitarra e compoñer algúns temas que cantaba para amigos en festas e reunións, pero non foi ata 2017 que empezou a tomarllo en serio. Ese foi o ano do cambio, e o detonante gañar o 2º premio do certame Outra outra de "Estudos Mans"

Astrogirl é unha proposta ante todo honesta, que nace da alma de María Jesús e viaxa directa ás almas do seu público, arrolándoas e transportándoas nunha viaxe chea de misterio e corazón.

Actualmente Astrogirl leva ao directo unha banda de catro músicos: ela mesma á voz e as guitarras, Samuel Pérez á batería, Julián Martínez ao baixo, Paul Álvarez á guitarra solista e Nacho Zaera aos sintetizadores; e está a percorrer escenarios de toda Galicia e Asturias presentando o seu novo traballo.

Entre outros fitos abriu para Nacho Veigas e colaborou con el en directo en varias ocasións; formou parte do cartel do UKP Day festival de 2019, do festival Papagaio Facu 2019, quedou finalista no concurso Sons Mans edición 2019 e semifinalista da batalla de bandas Mahou/Estudos Mans 2019.

O seu último lanzamento será un novo single que non pertence a ningún dos seus anteriores traballos: "Salve Serp2e, cantada a dúo con Nacho Veigas. Saíu á luz este mes de xaneiro de 2020.

 

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Tor en concerto
19 de setembro, 21:30
Café cultural Auriense
The Swinging Flamingos
19 de setembro, 22:00
SalaSon
Bakin Blues Band
19 de setembro, 22:30
Sala A Garufa
Maneiro en concerto
19 de setembro, 23:00
El Contrabajo