Evento: Conversando sobre feminismo no Museo Etnolóxico

  • conversas e mostra sobre feminismo no Museo Etnolóxico de Ribadavia
xoves, 26 marzo, 2020 - 20:30
Museo Etnolóxico de Ribadavia
, Ribadavia

Conversando sobre feminismo no Museo Etnolóxico

Conversas e inauguración dunha mostra documental sobre a muller no Museo Etnolóxico en Ribadavia

No mes en que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Museo Etnolóxico únese a esta celebración mediante unhas conversas sobre feminismo, en homenaxe ás socias e socios da Agrupación Cultural Abrente de Ribadavia que en 1972 celebraban un ciclo sobre “A muller na sociedade actual”. Ciclo levado a cabo nun momento histórico no que o tema da muller non era habitual na programación das asociacións culturais galegas e o movemento feminista galego estaba aínda xestándose. Será en 1977 cando María Xosé Queizán publique o primeiro ensaio feminista en Galicia “A muller en Galicia: a muller na sociedade galega: a lingua galega e a muller: (análise estrutural de dous métodos represivos)” editado por Edicións do Castro.

Nunha mostra documental exporase tamén a documentación conservada pola Agrupación ribadaviense en relación a este ciclo sobre a muller, no que participou. entre outros e outras investigadoras, María Xosé Queizán falando sobre a familia, tema fundamental na loita feminista.

Actualizaranse os estudos, as investigacións e as loitas feministas, resaltando o seu percorrido histórico a través dos relatorios de María Xosé Queizán e Encarna Otero e a presentación do libro coordinado por Iria Vázquez en tres sesións ao longo do mes de marzo:

  • Venres 06/03/2020 ás 20.15 h Inauguración da Mostra documental sobre o ciclo “A muller na sociedade actual” organizado pola Agrupación Cultural Abrente en 1972 en Ribadavia.
  • Venres 06/03/2020 ás 20.30 h relatorio de María Xosé Queizán "Feminismo: historia e actualidade”.
  • Xoves 12/03/2020 ás 20.30 h relatorio de Encarna Otero “Concepción Arenal e Juana de Vega: camiños de sororidade”.
  • Xoves 26/03/2020 ás 20.30 h presentación do libro “Cómplices. A violencia machista institucional” coa presenza das autoras Iria Vázquez Silva e Lola Ferreiro.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso CGAC Aula diversa
Aula diversa. Corpo expresivo - Corpo articulado
5 de febreiro a 20 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
I Xornadas de Educación Patrimonial e Museos
23 de abril a 24 de abril
Museo Provincial de Pontevedra
O Tango: arte universal
29 de maio
Auditorio de Vilagarcía
Ciclo de música clásica con audiciones comentadas 2019-2020
31 de outubro a 18 de xuño
Sede Afundación