Evento: Sofia Ellar

Sofia Ellar
domingo, 20 decembro, 2020 - 20:30
Sala Capitol
, Santiago de Compostela

Sofia Ellar

Concerto da cantautora británica de orixe española

Sofía volve ao directo despois do éxito no 2019 da súa xira Bañarnos en Vaqueros da que puideron gozar máis de 100.000 persoas e que tivo como colofón un Sold Out no formato ring do Wizink center de Madrid.

"De puntillas" poderase gozar nas principais salas, teatros e festivais españois, en cidades como Valencia, Sevilla, Alacante, Barcelona, Murcia, Madrid, Córdoba e máis lugares que aos poucos se irán desvelando.

A cantante convídanos a indagar no seu universo, cunha explosión sonora e unha posta en escena que vai asombrar a todos aqueles que lle acompañen nos seus directos facendo que cada concerto sexa único e irrepetible.

"De puntillas" é máis que o nome desta nova xira, é o modo en que Sofía Ellar chego á música, aos poucos, sen facer ruído, pero pisando forte e coándose, por méritos propios e de forma independente, nos principais escenarios españois.

A artista ofrecerá de novo a forza e a maxia do seu directo.

  • Ahora Dime - Sofia Ellar

Máis eventos de tipo Concerto

Sona Gaifar: Dj Fon Kid
10 de xullo
Dunas de Gaifar
Sona Gaifar: Dj Yugen Kala
10 de xullo
Dunas de Gaifar
Sona Gaifar: Belém Tajes
10 de xullo
Dunas de Gaifar
Sona Gaifar: DJ Akazie
10 de xullo
Dunas de Gaifar