Evento: 'As virxes salvaxes' (estrea)

  • Programa de teatro en Ames 1º semestre 2020
'As virxes salvaxes' (estrea)
venres, 14 febreiro, 2020 - 21:00
Casa da Cultura de Bertamiráns,
Ames

'As virxes salvaxes' (estrea)

Función incluída no programa de teatro do Concello de Ames

O Concello de Ames ofrecerá ao público ata o mes de abril un total de 11 funcións de oito espectáculos galegos nas casas da cultura do Milladoiro e de Bertamiráns como escenarios asociados á Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA). A carteleira cuadrimestral amesá, integrada polas compañías Chévere, A Gramola Gominola, Contraproducións, Xampatito Pato, Teatro da Ramboia, Excéntricas, Talía Teatro e Fran Sieira, forma parte das 328 actuacións que este circuíto cultural promovido pola Xunta de Galicia está a desenvolver durante este primeiro semestre do ano en 40 localidades do país.

 

O Grupo Chévere inicia a programación o 31 de xaneiro con 'Curva España' en Bertamiráns. Ese mesmo espazo acollerá tamén o musical da Gramola Gominola 'Bravas o Rexurdir' o 7 de febreiro,  a Teatro do Noroeste coa estrea de 'As virxes salvaxes' o 14 de febreiro, a Teatro da Ramboia con 'O meu mundo non é deste reino' o 6 de marzo, e Talía Teatro con outros dous pases de 'Lambetadas' o 27 de marzo, Día Mundial do Teatro. Pola súa banda, no Milladoiro estarán Contraproducións con 'O electo' o 7 de febreiro, Xampatito Pato con 'Só' o 6 de marzo, Producións Teatráis Excéntricas con 'Medida x Medida' o 13 de marzo, Talía Teatro con 'Vida de cans' o 27 de marzo, e a compañía de danza de Fran Sieira con 'EntreSoños' o 24 de abril, nas vésperas da celebración do Día Internacional da Danza.

 

Con máis de vinte anos de traxectoria ininterrompida, a Rede Galega de Teatros e Auditorios é un dos principais circuítos para a exhibición da produción escénica galega de carácter profesional, ademais de programar tamén concertos de música. De feito, ao longo do pasado 2019 acolleu 554 actuacións en espazos de 39 concellos. Ames é un dos 40 concellos membros na actualidade, inscrito na categoría B, que agrupa 22 localidades de entre 12.001 e 40.000 habitantes. Achega á RGTA dous escenarios: a Casa da Cultura de Bertamiráns (con 220 butacas) e a Casa de Cultura de Ou Milladoiro (con 160 butacas).

Máis eventos de tipo Espectáculo

Unha de piratas
22 de abril
Biblioteca Central Emilia Pardo Bazán
Cueiros de cores
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Ponteceso
Ondamini con Mamá Cabra
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal das Pontes de García Rodríguez
O traxe novo do rei
24 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Baiona