Evento: Onde viven os monstros

Onde viven os monstros
domingo, 18 abril, 2021 - 18:00
Auditorio municipal
, Vigo

Onde viven os monstros

Espectáculo infantil a cargo de Os Naúfragos

Onde viven os monstros baséase na obra homónima de Maurice Sendak, escritor estadounidense de orixe polaca. Un fiel retrato da infancia: Unha peza inspirada no clásico da literatura infantil, considerado o álbum ilustrado perfecto, que mestura fantasía e realidade por igual, trazando un fiel retrato da infancia.

O pequeño Max pasa o día facendo trasnadas. A súa nai, cansa desta situación, decide castigalo. Enfadado, Max viaxará ao marabilloso mundo onde viven os monstros, no que vivirá aventuras extraordinarias até converterse en rei. Unha tarefa máis difícil do que el pensaba.

Onde viven os monstros é un clásico vixente hoxe en día que plasma con grande expresividade os temores e desexos da nosa máis tenra infancia: os monstros que nos asexan, os nosos incomprendidos enfados, o medo ao abandono e a que os nosos pais deixen de querernos.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

32 m2
20 de maio, 20:30
Auditorio Municipal-Pazo de Congresos de Ourense
Liberto
20 de maio, 20:30
Auditorio municipal Gustavo Freire
A Lingua das Bolboretas
20 de maio, 21:00
Centro Cultural e Xuvenil
O mozo da última fila
20 de maio, 21:00
Teatro Principal