Evento: Marem Ladson

Marem Ladson
domingo, 16 febreiro, 2020 - 12:30
Salón García
, Vilagarcía de Arousa

Marem Ladson

Marem Ladson está a ser un das grandes revelacións da música española dos últimos tempos. Tras debutar na primavera de 2018, cun primeiro álbum homónimo que cultivou críticas entusiastas, participou nunha infinidade de festivais.

Non é un disco normal. Resulta bastante incrible que alguén grave un primeiro disco con apenas 19 anos e presente este nivel de imaxinación compositiva, profundidade nas letras e capacidade de interptetación. Pero é que case nada na vida de Marem Ladson resulta moi normal. O seu precoz talento, a súa seguridade sobre o escenario, a madurez coa que controla cada aspecto da súa carreira sorprenden inmediatamente. Esta aparición estelar foise forxando en presenzas en escenarios e festivais coma se tal cousa. Con apenas un single ("All My Storms", 2017) chamou a atención de medios e programadores, catalogando á galega/estadounidense -nai de Ourense, pai de Nova York, xogador de baloncesto que veu xogar a España- como unha das promesas máis firmes do panorama musical.

Máis eventos de tipo Concerto

Abono Festival Elas Son Artistas
3 de xullo a 11 de decembro
Varios Recintos
Vigo, un mar de bandas
22 de agosto a 27 de setembro
Varios espazos
Galicia Emerxe
1 de setembro a 30 de setembro
Museo Centro Gaiás
Memoria da melancolía
20 de setembro
Museo de Belas Artes. Rúa Zalaeta, 2.