Evento: Dreaming Juliet

Dreaming Juliet
venres, 19 xuño, 2020 - 20:30
Teatro Rosalía Castro
, A Coruña
Espectáculo a cargo da compañía Elefante Elegante

Dreaming Juliet é a nova creación para público adulto do Elefante Elegante.

O espectáculo inspírase na peza "Romeo e Xulieta" de W. Shakespeare para abordar a cuestión máis esencial da existencia humana: o amor.

A paixón, a familia e a maternidade son os temas intrínsecos da obra e o teatro físico e visual a ferramenta da creación. A peza do dramaturgo inglés é un referente universal porque os seus protagonistas logo de amarse desenfreadamente teñen un funesto final.

Dreaming Juliet pretende reflexionar sobre o futuro de Romeo e Xulieta no caso de que non tivesen morrido. Que acontecería ao seu profundo amor se acabasen formando familia e tivesen que enfrentarse á rutina de todos os días?

Elenco: María Torres, Gonçalo Guerreiro e Meghelón Paz

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Liberto
10 de xullo, 20:30
Teatro Principal
Falar por falar
11 de xullo, 20:30
Teatro Principal
Falar por falar
12 de xullo, 20:30
Teatro Principal
A conquista da escola de Madhubai
14 de xullo, 20:30
Teatro Principal