Evento: Peregrinos de Kumano e Compostela

venres, 14 febreiro, 2020 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
, Santiago de Compostela

Peregrinos de Kumano e Compostela

Mesa redonda

Cedemos o espazo para a celebración desta mesa redonda que conta coa presenza de Diego Lamas, guía de turismo e emprendedor especializado no camiño de Santiago, un representante de Incolsa - Turismo Santiago e outro de turismo de Wakayama (Xapón).

Os camiños de Santiago e Kumano Kodo presentan similitudes históricas, simbólicas e organizativas que motivaron o seu irmanamento, pero tamén interesantes diferenzas que poden confundir ao peregrino que visite o Xapón coa peregrinación a Santiago como referente.

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso CGAC Aula diversa
Aula diversa. Corpo expresivo - Corpo articulado
5 de febreiro a 20 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
XI Congreso Internacional de Estudios Xacobeos no Museo das Peregrinacións e de Santiago
XI Congreso Internacional de Estudios Xacobeos
19 de febreiro a 22 de febreiro
Museo das Peregrinacións e de Santiago