Evento: Contos...para unha mañá ou tarde de calquera día
Contos...para unha mañá ou tarde de calquera día
sábado, 29 febreiro, 2020 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Contos...para unha mañá ou tarde de calquera día
Sesión de narración oral con Ángeles Goas
Calquera momento é bo para escoitar un conto, se chove, se neva ou se vai sol, nos días de festa ou ao diario, de luns a domingo, de xaneiro a decembro... Sempre. Porque un conto sempre é un agasallo para todos os corazóns.
Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Máis eventos de tipo Espectáculo