Evento: Actividades Día da Ilustración 2020 na Coruña
Actividades Día da Ilustración 2020 na Coruña
O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O protagonista deste 2020 é Cándido Fernández Mazas (1902-1942). Incluído pola crítica no grupo “Os Novos” (con Maruja Mallo, Carlos Maside, Arturo Souto, Manuel Colmeiro e Manuel Torres Martínez), ten influencias do fauvismo, da art decó e, en especial, do pintor Amedeo Modigliani.
As bibliotecas públicas galegas conmemoran esta efeméride cun completo programa de actividades nas bibliotecas de Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).
DÍA DA ILUSTRACIÓN 2020 NA CORUÑA
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Obradoiro de ilustración: As imaxes contan
Con Carmela González
Para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos
1 de febreiro ás 12:00
20 prazas. Inscrición gratuíta na páxina web da biblioteca ou presencialmente
Mostra: Ilustradores de libros de animais do mar
Do 15 ao 31 de xaneiro
EASD Pablo Picasso
Presentación do Día da Ilustración
Actividade da AGPI co apoio da Consellería de Cultura e Turismo
Salón de actos
29 de xaneiro ás 19:00
Charla con autor convidado: Jesús Cisneros
Con Jesús Cisneros
Actividade da AGPI co apoio da Consellería de Cultura e Turismo
Salón de actos
29 de xaneiro ás 19:15
Obradoiro de máscaras con Jesús Cisneros
Actividade da AGPI co apoio da Consellería de Cultura e Turismo
20 prazas. Inscrición gratuíta na web da AGPI
30 de xaneiro de 16:00 a 20:00
Máis eventos de tipo Outras actividades