Evento: Cartoóns
Cartoóns
Dous tipos abandonados nas marxes.
Pode ser na marxe do mar, morando nunha pequena e coqueta illa. O que se chama vulgarmente náufragos, robinsons. Persoas que perderon pé e teñen que aprender a facelo todo de novo, dende a cunca na que beber até o smoking que necesitan para acudir a unha gala. Poden estar na marxe do primeiro mundo, e seren seres que se ven obrigados a exiliarse da guerra da sua patria, para instalarse nas comfortables valados que lles poñemos na porta da UE ou dos USA. Perderon todo e teñen que inventalo todo de novo. Ou, para non viaxar tanto, poden ser marxinais que viven na marxe da nosa sociedade e conveten en luxo o noso lixo.
Josito Porto e Víctor Mosqueira, son os interpretes e creadores de "Cartóons". A experiencia nos distintos rexistros cómicos, a empatia e cumplicidade que conseguiron no espectáculo "Cranios privilexiados", e as suas variadas pericias artísticas fan de Josito e Víctor, os actores perfectos para levar a cabo, este espectáculo de tan singular factura. Os dous artistas non deixarán pasar a oportunidade de mostrar os seus talentos para o cantar e tocar instrumentos, e mostrar as suas habelencias na área da maxia.