Evento: A conquista da escola de Madhubai

A conquista da escola de Madhubai
venres, 28 febreiro, 2020 - 20:30
Pazo da Cultura de Narón,
Narón

A conquista da escola de Madhubai

Espectáculo de teatro a cargo da compañía Teatro do Atlántico

Sakundeba, bandida, perseguida pola policia e polo exército, acusada do asasinato de máis de trinta homes que a violaran tempo atrás e de numerosos asaltos a man armada, preséntase na humilde morada de Pandala, unha sabia anciá que a criou cando era nena e que é a única persoa no mundo na que confía.

Pídelle quedar durante dous días agochada na súa casa, para poder meditar con tranquilidade que decisión tomar nunha disxuntiva transcendental que se lle presenta.

Sen tempo para que ela puidese reflexionar, aproxímase xa ao lugar un Ministro do Goberno, que fora o provocador da disxuntiva e que ven demandar unha resposta.

O "papel" do Teatro

A autora inspírase na historia de Phoolan Devi, coñecida como "a raíña dos bandidos", quen foi unha destacada referencia para o feminismo autóctono indio. Con ese punto de partida, e facendo uso da capacidade extraordinaria que ten o teatro para servir de espello á sociedade que o contempla, pretendemos, ao tempo de traballar na procura dun discurso artístico atractivo e rigoroso, poñer en debate feitos que están a acontecer hoxe en moitos puntos da nosa contorna: as chamadas "manadas"; e ao tempo transitar por outros asuntos principais como: O dereito á educación. O impulso de rebeldía contra o maltrato. O concepto de Liberdade. A complexa dialéctica entre Lei e Xustiza. O interese persoal e o interese público no exercicio da acción política. A vinganza: unha viaxe sen final.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Noso
18 de abril, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Cores Contos e Rock´n´Roll coa Ramona Pequena
19 de abril, 19:30
Casa da Cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
Neura
19 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
Hasta que la muerte nos separe
19 de abril, 20:00
Teatro Principal de Ourense - Ourense - Ourense