Evento: Peza do mes: A revista Nós e o Museo

  • Portada da publicación da Peza do Mes de xaneiro do Museo Arqueolóxico de Ourense
mércores, 15 xaneiro, 2020 - 20:00
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
, Ourense

Peza do mes: A revista Nós e o Museo

Presentación pública, conferencia e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Nesta ocasión a peza procede do fondo documental do Museo, que conserva unha colección completa da revista Nós proveniente, con toda probabilidade, dos antigos fondos da Comisión de Monumentos.

A editorial Nós será un fervedeiro de actividade do que sae a práctica totalidade do publicado en galego no seu tempo, e punto de encontro dos maiores intelectuais galegos, entre 1920 e 1936.

Para coñecer moito máis da historia de Nós, dos seus creadores, e da especial relación co Museo Arqueolóxico, escóllese a presentación pública desta peza singular para comezar o ano.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos –neste caso, dos documentais- para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A presentación pública e a publicación, na que mensualmente unha persoa especialista ou investigadora da a coñecer a historia particular, o contexto histórico e as características formais e de estilo da peza escollida, este mes están a cargo de Afonso Vázquez-Monxardín Fernández.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Presentación programa '21 Días co galego e+'
Programa ‘21 días co galego e +’ para fomentar o uso da lingua
13 de xaneiro a 2 de febreiro
IES Afonso X O Sabio
Presentación programa '21 Días co galego e+'
Programa ‘21 días co galego e +’ para fomentar o uso da lingua
13 de xaneiro a 2 de febreiro
IES Antón Alonso Ríos
Presentación programa '21 Días co galego e+'
Programa ‘21 días co galego e +’ para fomentar o uso da lingua
13 de xaneiro a 2 de febreiro
IES Ánxel Fole