Evento: Emportats

sábado, 30 maio, 2020 - 18:30
Teatro Principal
, Santiago de Compostela

Emportats

Espectáculo de circo para todos os públicos que combina diferentes disciplinas: acrobacia, malabar, música e traballo con obxectos (portas).

A través do xogo co visible e non visible, facendo uso de linguaxes como o musical, humorístico, ou poético, emerxen imaxes e ideas orixinais cuxa estética mergulla ao espectador nunha atractiva viaxe para os sentidos. É un espectáculo onde a coordinación, a precisión e a enerxía superan os límites establecidos e no que a indiferenza non está entre as posibilidades.

Emportats é o resultado dun arduo traballo onde o importante é o proceso, no que os seus protagonistas se desprenden de todo para ensinarnos o que levan dentro.

Á versatilidade e descontextualización do obxecto, súmase a música en directo, achegada pola presenza de dous novos artistas. O crecemento do equipo e o esforzo colectivo consolídanse así como o seu método de traballo.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Carlos Blanco
5 de xuño
Auditorio Municipal
Berto Romero "Mucha tontería"
5 de xuño
Teatro Afundación
Berto Romero "Mucha tontería"
6 de xuño
Teatro Afundación Vigo
Desmontando a Séneca
19 de xuño
Sede Afundación de Pontevedra