Evento: A conquista da escola de Madhubai

A conquista da escola de Madhubai
martes, 14 xullo, 2020 - 20:30
Teatro Principal de Santiago de Compostela
, Santiago de Compostela

A conquista da escola de Madhubai

A autora inspírase na historia de Phoolan Devi, coñecida como "a raíña dos bandidos", quen foi unha destacada referencia para o feminismo autóctono indio.

Sakundeba, bandida, perseguida pola policía e polo exército, acusada do asasinato de máis de trinta homes que a violaran tempo atrás e de numerosos asaltos a man armada, preséntase na humilde morada de Pandala, unha sabia anciá que a criou cando era nena e que é a única persoa no mundo na que confía. Pídelle quedar durante dous días agochada na súa casa, para poder meditar con tranquilidade que decisión tomar nunha disxuntiva transcendental que se lle presenta. Sen tempo para que ela puidese reflexionar, aproxímase xa ao lugar un Ministro do Goberno, que fora o provocador da disxuntiva e que ven demandar unha resposta.

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Mar, Orixe da vida
4 de agosto
Museo do Mar
Recicla connosco
5 de agosto
Museo do Mar
Festival TerraCeo: JJ Vaquero
5 de agosto
Terraza Auditorio Mar de Vigo
Descubrindo o acuario
6 de agosto
Museo do Mar