Evento: O mozo da última fila

O mozo da última fila
martes, 7 xullo, 2020 - 20:30
Teatro Principal de Santiago de Compostela
, Santiago de Compostela

O mozo da última fila

Versión en galego do afamado texto de Juan Mayorga, unha das pezas máis destacadas da dramaturxia europea dos últimos tempos.

Claudio é un estudante de dezasete anos que senta na última fila. Non falta, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en matemáticas. Cada clase faiselle máis insoportable ata que Xermán o profesor de Lingua e Literatura manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir deste intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre convértese nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o da literatura.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Mar, Orixe da vida
4 de agosto
Museo do Mar
Recicla connosco
5 de agosto
Museo do Mar
Festival TerraCeo: JJ Vaquero
5 de agosto
Terraza Auditorio Mar de Vigo
Descubrindo o acuario
6 de agosto
Museo do Mar