Evento: Concerto con fusión

Concerto con fusión
sábado, 15 febreiro, 2020 - 11:30
Teatro Principal
, Santiago de Compostela

Concerto con fusión

Píscore e a Banda Municipal de Música de Santiago

Despois de cen funcións co seu primeiro espectáculo Concerto Singular (e Plural) - Premio do Público Festiclown 2018, Espectáculo mellor valorado en Domingos do Principal 2018 –, Culturactiva Producións e Píscore presentan a súa segunda montaxe: Concerto Con Fusión.

Catro músicos, descoñecidos, de estilos moi diferentes, chegan ao palco sen os seus instrumentos. O descubrimento dunha marimba e de todas as súas posibilidades fai que, o que podería ser un desastre, se converta nun divertido exercicio de virtuosismo, cooperación e fusión musical. Entre partituras, atrís e baquetas, os catro protagonistas van descubrindo, pouco a pouco, tema a tema, que teñen un pasado en común e unha incrible querenza por facer músicas (con)fusionando estilos.

A música, o teatro, o humor, a comedia xestual e o clown farán as delicias dun público que participa activamente no espectáculo.

Máis eventos de tipo Concerto

Abono Festival Elas Son Artistas
3 de xullo a 11 de decembro
Varios Recintos
Vigo, un mar de bandas
22 de agosto a 27 de setembro
Varios espazos
Galicia Emerxe
1 de setembro a 30 de setembro
Museo Centro Gaiás
Os Monifates
20 de setembro
Praza do concello