Evento: Un bosque na maleta
Un bosque na maleta
sábado, 18 xaneiro, 2020 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Un bosque na maleta
Sesión de narración oral con Brais Moure
Brais dos bosques, o “mouro Moure", chega á biblioteca cun bosque dentro dunha maleta inzada de variñas máxicas de teixo e sobreira, trasniños, carrabouxos, meigas, magas, vasoiras voadoras …, para viaxar ate soutos e fragas aprendendo a nadar entre as árbores a xeito dun baño de bosque.
Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Máis eventos de tipo Espectáculo