Evento: When tomatoes met Wagner
When tomatoes met Wagner
When tomatoes met Wagner
Os tomates saben mellor se crecen escoitando a música de Richard Wagner?
No marco do ciclo de cinema documental Docs del Mes, que a Vicerreitoría do campus promove en Pontevedra coa colaboración do Concello, o Teatro Principal acolle a proxección de When tomatoes met Wagner, un documental no que a directora Marianna Economou aborda a historia de dous habitantes dunha illada vila de Grecia que, no contexto da crise económica, deciden pór en marcha unha plantación de tomates orgánicos.
Versión orixinal en grego, francés e inglés, subtitulada en castelán.
Entrada de balde ata completar cabida.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual