Evento: Peza do mes: Máscaras de teatro de Basallo e Quessada

  • Portada da publicación da Peza do Mes de decembro do Museo Arqueolóxico de Ourense
  • Detalle dunha das pezas protagonistas da Peza do Mes de decembro do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Máscaras de teatro de Basallo e Quessada
mércores, 11 decembro, 2019 - 20:00
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
, Ourense

Peza do mes: Máscaras de teatro de Basallo e Quessada

Presentación pública, conferencia e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo.

Nesta ocasión preséntanse tres máscaras de teatro. As máscaras foron encargadas polo director de teatro José Manuel Blanco Gil en 1975, para empregar na montaxe teatral na que estaba a traballar: Retablo da Avaricia, a Luxuria e a Morte, de Valle Inclán.

O texto topou co atranco da censura e a obra nunca se estreou. Como queira que os autores non cobraron nada pola súa obra, acordaron que se depositaran nalgunha institución cultural. Tres delas foron entregadas no Museo Arqueolóxico por Blanco Gil, (Nºs de inventario CE006375/6/7)

A estrutura das tres máscaras foi realizada por Ignacio Vázquez Nóvoa-Basallo (Ourense, 1952) e a pintura é autoría de Xaime Quessada Porto (Ourense 1937-2007), ambos artistas sobradamente coñecidos e que teñen máis obras formando parte das coleccións do Museo Arqueolóxico.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza (neste caso, tres) de entre os seus fondos para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A presentación pública e a publicación, na que mensualmente unha persoa especialista ou investigadora da a coñecer a historia particular, o contexto histórico e as características formais e de estilo das pezas escollidas, este mes están a cargo de Mª del Pilar Núñez Sánchez.

Acceso libre.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

I Congreso Internacional Teatro Galego
7 de outubro a 10 de outubro
Evento online
Maratón Fotográfico Virtual
10 de outubro
Evento online
Recorda que morirás
1 de outubro
Café De catro a catro