Evento: Eu non quero
Eu non quero
EU NON QUERO, contacontos por Ana Carreira
A sesión consta de dous contos nos que as protagonistas se revelan ante o que a sociedade agarda delas. De estamentos sociais diferentes semellan iguais na súa loita pola liberdade. Os contos son os seguintes:
A rebelión das lavandeiras: Fartas de ser escravizadas e silenciadas polo dono da lavandería na que traballan as lavandeiras deciden un día rebelarse e fuxir. Así aprenderán a xogar, a rir, a decidir, a non deixar que as asusten e a percorrer o mundo en busca de liberdade.
As princesas galiñas: Un príncipe chega a un castelo e descubre que as fillas do rei foron convertidas en galiñas por una bruxa que aínda anda entre elas tamén como pita. Cando se transforman de novo no que antes eran, rei e príncipe decátanse de que xa non queren ser princesas...
SÁBADO 7 de decembro, ás 12:00 horas
Nenos e nenas de 4 a 12 anos
Entrada libre
Máis eventos de tipo Espectáculo