Evento: Blues TOC Band (Blues- rock)

Blues TOC Band (Blues- rock)
sábado, 7 decembro, 2019 - 23:30
Sala Room,
Ferrol

Blues TOC Band (Blues- rock)

Concerto de blues-rock

Banda de blues-rock, formada en Ferrol a principios de 2019. O seu estilo está baseado nos grandes artistas de blues tanto tradicionais coma modernos. Nos seus concertos sempre gozarás de grandes cancións clásicas de Johnny Winter, Cream, Hendrix, Albert Collins, Freddie King. Mesmo o Blues máis moderno de Gary Moore ou Robben Ford. O Blues Toc Band está formado por catro músicos curtidos en mil batallas e con máis de 25 anos no escenario.

Jorge Bakero: coida a parte vocal da banda, compoñente e fundador de Five Strings Band. O seu estilo máis rock dá un enfoque persoal e diferente á gran variedade de repertorios de blues que a banda adoita tocar nos seus concertos.

Tony Torres: guitarrista e tamén membro fundador de bandas como Five Strings Band e Malditos Pendejos. As súas maiores influencias son Jimi Hendrix ou Gary Moore, de aí o seu estilo, unha guitarra potente e melódica cando sexa necesario. Gran paixón polo Blues clásico e o rock dos 70 Octavio García: baixista e xogador de todo o terreo, toda a vida nos escenarios, actualmente está dedicado ao 100% á súa banda Malditos Pendejos, pero tamén comparte escenario con outras formacións e con outros músicos de diferentes estilos. A súa carreira musical está baseada máis en estilos como o pop e o rock. Cristóbal Castro: batería de orixe chilena, músico de sesión, músico de acompañamento e profesor de percusión. A súa mestura de batería de jazz e rock convérteo nun baterista diferente, músico con punch e cun swing especial.

Máis eventos de tipo Concerto

Candlelight: Tributo a Coldplay
20 de abril
Campillo de San Francisco, 3
Boyanka Kostova
20 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Freedonia
20 de abril
Rúa do Preguntoiro, 35