Evento: Blue Invaders- Kyotto + smart k. + TB Dude+ Ice M
Blue Invaders- Kyotto + smart k. + TB Dude+ Ice M
Blue Invaders é un colectivo musical galego formado por Icey M, KYOTTO, Smart K., TB Dude e Yago Cobain (Cineasta). O seu estilo e influencias abarcan unha ampla variedade que vai dende os sons máis escuros e experimentais ata outros máis correntes dentro da tendencia coñecida como música urbana, sendo xa colaboradores habituais nas súas producións artistas como SUSHIKING, Louis Amoeba ou Manu Oliva.
Dende que decidiron formar o colectivo en 2013, estiveron a facer unha escena, superando os 16 millóns de visitas e máis de 55.000 subscritores na súa canle de YouTube, ademais de capturar a gran parte do público en países latinoamericanos como Arxentina, México, Chile ou Perú. CONCERTO DE BENEFICIO para recadar fondos para a realización de proxectos audiovisuais e escénicos de 2ª na EAV (IES Audiovisual de Vigo).
Máis eventos de tipo Concerto