Evento: Celebración do aniversario do Día do Museo

  • Conmemoración do aniversario do Museo das Peregrinacións e de Santiago na sede de Pratería
  • Conmemoración do aniversario do Museo das Peregrinacións e de Santiago na sede de Pratería
sábado, 9 novembro, 2019 - 11:00
Museo das Peregrinacións e de Santiago
, Santiago de Compostela

Celebración do aniversario do Día do Museo

Varias actividades conmemoran os catro anos da apertura da sede do Museo das Peregrinacións e Santiago no edificio da praza de Praterías

O Museo celebra por cuarto ano consecutivo a posta en funcionamento das súas novas instalacións, máis visibles e máis próximas á cidadanía compostelá. Búscase así transformar a celebración deste aniversario nunha cita e referente anual coa consolidación da data arredor do 7 de novembro como unha data festiva. Neste ano en concreto, por cuestións de operatividade e dispoñibilidade é o sábado día 9 de novembro o día escollido.

As actividades deste ano son as seguintes:

11:00 h – 19:30 h: Xornada de portas abertas e entrada gratuíta ao longo de todo o día

12:00 h – 14:00 h: Obradoiros de escritura con instrumentos históricos. Experimentar a escribir como se facía antigamente, por exemplo coa pluma dunha ave. A cargo de Fernando Ocampo.

18:00 h – 19:00 h: Obradoiro infantil de escritura con instrumentos históricos. Experimentar, en plena era dixital, a empregar ferramentas de escritura que descoñecen. A cargo de Fernando Ocampo.

19:00 h: Concerto de música barroca. A cargo do Cuarteto L´Unisoni, “Bizzarrie poetiche”. Grupo formado por Esperanza Mara Filgueira (canto), Pablo Ruibal (viola da gamba), Uxía Delgado (tiorba e guitarra) e Jorge Montes (violín barroco). Coincidindo co 400º aniversario do nacemento da prominente autora veneciana do século XVII, Barbara Strozzi, interpretarase unha escolma dalgunhas das súas obras mestras.

Máis eventos de tipo Outras actividades

II Concurso de Microrrelatos de Terror_Biblioteca Pública da Coruña MG Garcés
II CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR
28 de outubro a 22 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
33ª Edición Festival Cineuropa
7 de novembro a 28 de novembro
Rúa Nova, 22
Novembro. Mes da Ciencia na Biblioteca de Galicia (2019)
9 de novembro a 30 de novembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura