Evento: Novembro. Mes da Ciencia nas Bibliotecas Públicas (2019)

  • Cartel Novembro. Mes da Ciencia  nas Bibliotecas Públicas (2019)
Novembro. Mes da Ciencia nas Bibliotecas Públicas (2019)
venres, 1 novembro, 2019 a sábado, 30 novembro, 2019
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel,
Vigo

Novembro. Mes da Ciencia nas Bibliotecas Públicas (2019)

Actividades na Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

Todo o mes de novembro

Exposición bibliográfica: Elas fan ciencia con a: 10 científicas galegas.

Para todos os públicos. Sala infantil.

 

 

9 de novembro, ás 12:00 h, na sala infantil

A maxia que esconde a ciencia

Experimentos científicos e xogos de maxia que amosan o panorama da ciencia e a maxia que nos rodea, as matemáticas, a física, a química e a bioloxía que nos rodean.

Público: de 4 a 12 anos.

Inscrición previa (35 prazas).

 

16 de novembro, ás 12:00 h, na sala infantil

Obradoiro: De maior quero ser científica

Obradoiro para achegarse á ciencia, con Cucarandainas.

Público: de 4 a 12 anos.

Inscrición previa (35 prazas).

 

 

23 de novembro, ás 12:00 h, na sala infantil

Coa ciencia tamén se xoga

Actividade participativa que ten por obxecto ensinar ciencia de forma crea­tiva, atractiva e divertida mediante ex­perimentos sorprendentes.

Público: de 4 a 12 anos.

Inscrición previa (35 prazas).

 

 

17 de novembro, ás 18:00 h, na sala multiusos

Relatorio O monte (tamén) é noso: mulleres e sector agroforestal

Inclúe a proxección de En todas as mans (2015) de Diana Toucedo e pre­sentación do libro Árbores que non arden (Equipo Batefogo e Catro Ventos Editora).

Público: familiar.

Entrada libre ata completar a capacida­de da sala.

 

 

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Porta Miña
1 de xaneiro
Porta Miña
Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia
8 de novembro a 31 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura